Os pais de Diego Bello reclaman en Bruxelas apoio para que avance o proceso xudicial en Filipinas

Paola Pampaloni, subdirectora Xeral para Asia no Servizo Europeo de Acción Exterior, trasladoulles que o caso de Diego Bello é "un asunto prioritario para a Unión Europea".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2025 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

Os pais de Diego Bello, por cuxa morte se xulga por asasinato a tres policías que dispararon contra el en xaneiro de 2020 na illa de Siargao, reclamaron en Bruxelas apoio para que avance o proceso xudicial en Filipinas. Segundo informan desde a plataforma creada para demandar 'Xustiza para Diego', ambos, xunto ao seu avogado, Guillermo Mosquera, mantiveron reunións os días 4 e 5 de marzo con distintos eurodeputados e de distintas nacionalidades, coa colaboración do europarlamentario galego Francisco Millán Mon.

Entre eles, está Paola Pampaloni, subdirectora Xeral para Asia no Servizo Europeo de Acción Exterior, e tamén Isabel Wiseler-Lima, portavoz do Grupo Parlamentario Popular na Subcomisión de Dereitos Humanos, quen participou na misión dunha subcomisión en Filipinas en febreiro de 2023. Neles, trasladóuselles, en concreto por parte da señora Pampaloni, que o caso de Diego Bello é "un asunto prioritario para a Unión Europea", expondo tamén o obxectivo de que se faga "xustiza".

Os pais de Diego Bello manteñen encontros con eurodeputados e eurodeputadas
Os pais de Diego Bello manteñen encontros con eurodeputados e eurodeputadas | Fonte: XUSTIZA PARA DIEGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta