Un construtor enfróntase a 3 anos de cárcere por quedar con 18.460 euros duns clientes sen facer a obra pactada

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2025 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

O responsable dunha empresa construción de vivendas de madeira será xulgado este luns na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, como presunto autor dun delito de estafa, por quedar co diñeiro duns clientes e non realizar as obras para as que lle contrataron.

Segundo a Fiscalía, en marzo de 2022 os prexudicados contrataron á empresa do acusado para a construción dunha vivenda nunha parcela do municipio de Ponte Caldelas. Nos meses seguintes, entre marzo e agosto, fóronlle facendo diversas entregas de diñeiro, ata un total de 18.460,75 euros, por varios conceptos: entrega do 15 % do orzamento da obra, estudo xeotécnico ou construción dun pozo de barrena.

O acusado non encargou a realización do estudo nin a construción do pozo, e só acometeu algunhas obras menores na parcela, como a colocación dun portal de peche, o valado da leira e a construción dunha caseta de can, valoradas en algo máis de 4.500 euros.

Por estes feitos, a Fiscalía considérao autor dun delito de estafa (ou, alternativamente, dun de apropiación indebida) e pide para el 3 anos de prisión, así como unha multa de 27.792 euros. Igualmente reclama que indemnice aos clientes prexudicados en 13.896 euros (o diñeiro que quedou, deducido o custo das obras menores que fixo na parcela).

Imaxe do xuízo.
Imaxe do xuízo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta