Unha discusión remata cun disparo: 13 anos de prisión por tentativa de asasinato

A vítima sufriu feridas graves e secuelas tras o ataque cunha pistola semiautomática.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/03/2025 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña acollerá o día 3 un xuízo por tentativa de asasinato en relación a uns feitos ocorridos nunha vivenda de Ferrol na madrugada do 29 de xuño de 2023 e polos que Fiscalía pide 13 anos e oito meses polo citado delito e por outro de tenencia de armas.

No seu escrito de cualificación, o Ministerio Público sostén que o acusado se atopaba na súa casa á que acudiu, sobre as dúas da madrugada, a vítima. "Cando, por mor dunha discusión entre ambos no salón da vivenda, o procesado levantouse e entrou noutra habitación para, inmediatamente, regresar ao salón cunha pistola semiautomática".

"E, con intención de acabar coa súa vida, apuntoulle á cara e efectuou un disparou a un metro de distancia". Por mor destes feitos, a vítima sufriu feridas que requiriron tratamento cirúrxico, con secuelas como varias cicatrices. Polo delito de asasinato en grao de tentativa, con aleivosía, Fiscalía pide unha condena de doce anos de cárcere, aos que suma un ano e oito meses máis por tenencia de armas.

Fachada da Audiencia Provincial da Coruña
Fachada da Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: M. Dylan - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta