Mandaba máscaras de Scream e outros obxectos ameazantes a unha empresa de Xinzo de Limia

O sospeitoso foi detido pola Garda Civil.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2025 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

A Garda Civil tomou declaración en calidade de investigado a un veciño de Ourense de 51 anos como presunto autor dun delito de ameazas por enviar paquetes ameazantes a unha empresa do municipio ourensán de Xinzo de Limia.

Segundo informou o Instituto Armado, a operación iniciouse tras unha denuncia presentada no cuartel da Garda Civil de Xinzo por parte dunha empresa dedicada a xestoría administrativa e asesoría fiscal desa mesma localidade. Na denuncia sinalaban que durante o mes de febreiro recibiran ata cinco envíos de paquetería con diversos obxectos con temática ameazante cara ao responsable e unha das traballadoras. Ademais, os paquetes carecían de remitente.

Así, no marco da investigación 'Express Ou', o Equipo Roca da Garda Civil de Celanova tomou declaración a este veciño en calidade de investigado como presunto autor dun delito de ameazas por correspondencia. Os investigadores determinaron ademais que todos os envíos foran tramitados desde unha oficina de Correos pertencente á Valenzá, en Barbadás.

Envíos de obxectos ameazantes a unha empresa de Xinzo de Limia
Envíos de obxectos ameazantes a unha empresa de Xinzo de Limia | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta