Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2025 | Actualizada ás 12:58
Un mozo acusado de agresión sexual a menor de 15 anos negou os feitos que se lle imputan e asegurou descoñecer a idade da presunta vítima. "Non pasou nada, eu nunca fixen esas cousas", recalcou. Foi durante o xuízo celebrado na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña. "Se eu sei que é menor de idade non ando con ela", insistiu. O procesado explicou que estiveron "a falar normal e non pasou nada". "Ríndonos, coñecéndonos, non tivemos ningún problema", expuxo para engadir que ambos estaban "uns pouco borrachos". Fíxoo nun xuízo no que a moza declarou, igual que a súa nai, a porta pechada.
A Fiscalía pide para o procesado, no seu escrito de cualificación, unha pena de sete anos e nove meses de prisión como presunto autor dun delito de agresión sexual a menor, solicitude de condena que a acusación particular eleva a máis de 14 anos. Ademais, o Ministerio Público solicita tres meses de multa por un delito leve de furto á mesma vítima. Os feitos, recolle o escrito, sucederon o 21 de xullo de 2022 nun lugar público. Por eles, pide que o acusado indemnice á vítima con 11.000 euros por dano moral, con 165,55 euros polas feridas sufridas e polos efectos e diñeiro subtraídos. O Ministerio Fiscal solicita, ademais, a prohibición de achegarse á vítima a menos de 700 metros, así como de comunicarse con ela por calquera medio durante nove anos. En caso de condena, e unha unha vez cumpra cinco anos, exponse á expulsión do territorio español sen poder regresar a España nun prazo de 8 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.