Prisión para dúas mulleres por acoitelar a un home

Unha delas iniciara unha relación sentimental coa vítima.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2025 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

Dúas mulleres foron detidas e enviadas a prisión acusadas dun delito de tentativa de homicidio tras, supostamente, apuñalar a un home en Boiro tras subtraerlle diñeiro.

Os feitos ocorreron durante o fin de semana do 1 e 2 de marzo, cando as dúas mulleres, supostamente, ameazaron ao home nun alpendre da súa vivenda. Ambas entraran en contacto con el, apuntan fontes próximas, porque unha delas iniciara unha relación sentimental coa vítima.

As apresadas roubáronlle unha importante cantidade de diñeiro e, no transcurso das ameazas, chegaron a apuñalar ao home cun coitelo. Despois, fuxiron do lugar dos feitos, pero foron finalmente detidas por axentes da Garda Civil.

As sospeitosas pasaron o pasado venres a disposición da maxistrada da Xulgado Instrución número 3 de Ribeira, en funcións de garda, que decretou o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza. Están investigadas por intento de homicidio, sen prexuízo de que a cualificación poida cambiar ao longo da instrución.

Detida
Detida | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta