Condenada unha muller a catro meses por agredir a un técnico de emerxencias do 061

Os feitos tiveron lugar enCangas en 2023.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2025 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

O Xulgado de Cangas condenou a catro meses de prisión a unha muller por agredir a un técnico de emerxencias do 061 no centro de saúde da localidade Pontevedra. Segundo a sentenza, os feitos producíronse en marzo de 2023 cando a muller, "coa intención de menoscabar a integridade do técnico de ambulancias", golpeouno "sen a debida" consideración ás funcións que desempeñaba como persoal sanitario.

Por iso, a muller enfróntase a unha pena de catro meses de prisión por un delito de atentado e deberá indemnizar con 250 euros ao home agredido. A CIG, nun comunicado, valorou positivamente a sentenza e indicou que no xulgado de Cangas hai pendentes de resolución tres casos de agresión a persoal técnico do 061 por feitos producidos entre os anos 2022 e 2023.

Entre eles, lembrou o sindicato, atópase o suceso "máis grave" no que un técnico de emerxencias foi agredido por tres atacantes ao mesmo tempo.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta