Detido por portar unha pistola Browning

O home, xunto con outra persoa, foron detidos nun control por non levar o cinto de seguridade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2025 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Tui detivo o pasado mércores a un home por levar unha pistola sen o permiso de armas regulamentario. Segundo explican nun comunicado, a patrulla, durante os labores propios dun servizo de seguridade cidadá por unha estrada local de Tomiño, crúzase cun vehículo ocupado por dúas persoas sen cinto de seguridade.

Dáselles o alto e compróbase que a persoa que se atopa no asento dianteiro dereito mostra unha actitude nerviosa, polo que se procede á súa identificación e a do condutor do vehículo. Previo á identificación, o copiloto agáchase no asento, polo que tamén se rexistra o vehículo, atopando debaixo do asento unha arma corta de fogo da marca Browning do calibre 7,65 cun cargador con sete cartuchos metálicos.

Este home, natural do Rosal, e con antecedentes policiais e penais, manifesta que é da súa propiedade e que carece de autorización administrativa que permita a súa tenencia. Por iso procédese á incautación da arma e á detención desta persoa como presunto autor dun delito de tenencia ilícita de armas. O detido, xunto coa arma e as dilixencias, foron entregadas no Xulgado de Garda de Tui, que decretou a súa liberdade con cargos.

Pistola e pertenzas incautadas nunha detención
Pistola e pertenzas incautadas nunha detención | Fonte: GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta