Seis anos de cárcere por usar a súa barbaría como tapadeira para traficar con droga

Os axentes da Garda Civil observaron "unha gran trasfega de persoas entrando e saíndo do establecemento sen que dese tempo a prestárselle ningún servizo de barbaría"

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/02/2025 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de cárcere ao propietario dunha barbaría por utilizar o establecemento como tapadeira para o tráfico de drogas. O home era reincidente. Segundo recolle a sentenza, "aproveitando que rexentaba o negocio", e no interior deste, o acusado vendía bolsas con cocaína e outros estupefacientes ás diferentes persoas que entraban e saían do local sen que se lles prestase ningún servizo de barbaría, segundo recollen os informes de vixilancia.

Os intercambios foron presenciados por axentes da Garda Civil, que viñan realizando vixilancias "ao observar unha gran trasfega de persoas entrando e saíndo do establecemento sen que dese tempo a prestárselle ningún servizo de barbaría", apunta o fallo. No rexistro do establecemento atopáronse distintas cantidades de cocaína e MDMA preparadas para a súa venda, así como cantidades de diñeiro en metálico. A sentenza é recurrible ante a Sala do Civil e Penal do TSXG.

Fachada da Audiencia Provincial da Coruña
Fachada da Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: M. Dylan - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta