A produción industrial sobe un 0,3% en agosto en Galicia, fronte ao descenso da media

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2024 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

O índice xeral de produción industrial subiu un 0,3% en agosto en Galicia en relación co mesmo mes de 2023, evolución que contrasta coa caída do 3,5% rexistrada pola media estatal, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

A evolución en Galicia débese a un ascenso do 6,2% nos bens de consumo --do 7,7% en bens de consumo duradeiro e do 6,1% no non duradeiros--, un incremento do 2,6% nos bens de equipo e unha caída do 1,4% nos intermedios e do 9,2% na enerxía.

En comparación con xullo, a produción industrial rexistrou un descenso acusado, en concreto unha baixada do 17,8%. Así, de media do que vai de ano experimenta unha alza do 1,9%. No conxunto estatal, o índice diminúe un 3,5% en agosto en comparación co mesmo mes de 2023, taxa 8,1 puntos inferior á do mes anterior.

Un traballador na planta de Stellantis / Europa Press - Arquivo / Europa Press
Un traballador na planta de Stellantis / Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta