A Mesa afea que a Xunta "concentre os seus esforzos" nun "estudo comercial" que "desminta" a realidade do galego

"É inmoral que no canto de pór todos os recursos da Xunta en conseguir que o galego estea en todos os espazos e para todos os usos, o Executivo galego se dedique exclusivamente a fabricar unha realidade alternativa para evitar a mobilización social", criticou.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2025 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, lamentou que a Xunta "concentre os seus esforzos" en "contratar un estudo comercial" que "desminta" a realidade ofrecida polos datos sobre a situación do galego publicadas polo IGE para engadir "opinións non fundadas por dato ningún". Así contestou á sondaxe, encargada pola Xunta, 'Enquisa Percepción Social do Galego', realizado por Sondaxe, que se presentou o xoves na Cidade da Cultura, e que recolle que o 53,6 % das familias galegas que se comunican habitualmente tanto en galego como en castelán consideran que non hai ningún idioma discriminado en Galicia.

"É inmoral que no canto de pór todos os recursos da Xunta en conseguir que o galego estea en todos os espazos e para todos os usos, o Executivo galego se dedique exclusivamente a fabricar unha realidade alternativa para evitar a mobilización social que se produce nos plenarios de 'Queremos Galego' e será visible o 23 de febreiro en Compostela", criticou. A continuación, subliñou que ningún "estudo alternativo" pode "ocultar a evidencia, que a incapacidade de usar o galego "é inédita na historia de Galicia, que o ensino restrinxe o uso do galego e que estea excluído nos servizos públicos e comerciais, na oferta audiovisual ou na xustiza". "Con este estudo comercial, Xunta e PP pretenden xustificar as accións contra a lingua", engadiu, á vez que apuntou que haberá unha "contestación nas rúas" coa manifestación do 23 de febreiro.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, intervén durante unha concentración pola situación da lingua galega, na Praza de Quintana, a 17 de novembro de 2024
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, intervén durante unha concentración pola situación da lingua galega, na Praza de Quintana, a 17 de novembro de 2024 | Fonte: César Arxina - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta