Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2024 | Actualizada ás 15:36
O 73,2% das prazas residenciais nas entidades prestadoras de servizos sociais de Galicia son de titularidade privada, segundo unha enquisa que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).
En concreto, con datos de 2022, o número de prazas dispoñibles sitúase en 26.212, delas 15.816 privadas non financiadas, 3.364 privadas financiadas e 7.032 públicas. A porcentaxe de ocupación destas prazas é do 93%. Sobe ata case o 100% no caso das públicas (o 96,7% en 2021 e o 97,8% en 2022). A cifra máis baixa de ocupación danse en centros residenciais privados non financiados, pero supera o 84% en 2022.
Na categoría de prazas residenciais inclúense aquelas ocupadas por menores en casas de acollida, por residentes en centros de maiores e por residentes en centros para persoas con algunha discapacidade.
NON RESIDENCIAIS
Mentres, na categoría de prazas non residenciais inclúense aquelas ocupadas por menores en gardarías ou escolas infantís, por maiores que asisten a centros de día e por persoas que asisten a centros que atenden necesidades especiais. O 51% destas estaban ocupadas en 2022 por persoas menores de 50 anos. O grupo de maior idade, o composto por maiores de 80 anos, ocupaba o 22,1% destas prazas non residenciais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.