"Junts, un día patriotas e outro traidores", duro cruce de acusacións entre Rueda e Besteiro polo decreto Ómnibus

O presidente lembra ao PSdeG os seus resultados electorais e o líder socialista acúsalle de "calar" ante as desigualdades" dos galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2025 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, denunciou a "enorme desigualad de trato" do Executivo de Pedro Sánchez con Galicia durante a sesión de control do Parlamento de Galicia, na que o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, afeoulle o voto en contra do PP ao decreto que incluía medidas como a alza das pensións e as axudas ao transporte, e emprazoulle a apoiar o novo paquete que se votará a próxima semana.

Todo iso en durante o arranque da sesión de control, na que o xefe de filas dos socialistas acusou ao titular da Xunta de "perpetuar e agravar" as desigualdades de Galicia mentres se nega a aplicar solucións eficaces. Ademais, Besteiro fixo referencia á "diferenza" co conxunto de España, "onde a economía crece", mentres "en Galicia crece a desigualdade a un ritmo maior" porque, segundo asegurou, neste tema "o PP cala e mira para outro lado".

"Que nestes momentos un socialista ondee a bandeira da igualdade aquí en Galicia, vendo como nos están tratando, é menos crible que se os seus socios do BNG ondean a bandeira de España. Non lle ían a crer a ningún dos dous", respondeulle Rueda. O presidente da Xunta sostivo que para facer "as cousas aínda mellor" en Galicia "é necesario ter un trato igualitario" da administración da que dependen "moitas cousas". Así, puxo como exemplo desta "desigualdade de trato" a alza das peaxes nas autoestradas galegas que dependen do Estado "mentres baixan moitísimo as que dependen do Estado noutros sitios".

"Falamos de igualdade ante a lei. A lei de Amnistía: tratamento desigual para aqueles que lles convén", dixo para censurar tamén que non se convocou aínda o Consello de Política Fiscal e Financeira e que "o financiamento vaia para os de sempre, en detrimento de os de sempre, entre eles Galicia".

BESTEIRO ACÚSAO DE "CALAR" ANTE As DESIGUALDADES

En fronte, o xefe de filas dos socialistas sostivo que as desigualdades en Galicia crecen "a un ritmo maior" porque "o PP cala e mira para outro lado". Así, dixo que en materia de vivenda os prezos disparáronse case un 45% nos últimos anos, "mentres que a Xunta segue sen ofrecer solucións reais".

"A súa única proposta é a construción de vivenda pública, pero como non a fixeron en todos estes anos, agora hai que esperar tres ou catro anos para poder acceder a elas", criticou para lembrar que os socialistas propuxeron un banco público de aluguer que garantise o acceso á vivenda en condicións dignas, pero o PP "votou en contra", deixando desprotexidas ás familias e á mocidade galega.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na sesión de control do Parlamento de Galicia
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na sesión de control do Parlamento de Galicia | Fonte: DAVID CABEZON

PIDE QUE APOIEN As MEDIDAS DE PROTECCIÓN SOCIAL

"Desigualdade no gasto, desigualdade nos ingresos públicos", dixo Besteiro, nunha sesión de control na que tamén reprochou a Rueda os "cambios de discurso do PP", que "pola mañá considera patriota a Junts e, pola tarde traidores".

Neste punto, Besteiro lembrou que o PP votou en contra do decreto que incluía a subida das pensións e do ingreso mínimo vital, así como as axudas ao transporte e reclamoulle a Rueda que "rectifique" e "póñase ao lado da inmensa maioría dos galegos e galegas" apoiando a próxima semana o novo decreto. "Por este camiño van francamente mal", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta