Alfonso Rueda reclamou no Foro Ancares de Ponferrada que o modelo de financiamento autonómico estea rexido por "unha solidariedade básica" que permita "especialmente a Galicia e a Castela e León" a prestación de servizos públicos "iguais que no resto de España".
  comenta   0
Cardiólogos, representantes da Sociedade Española de Cardioloxía (SEC), a Fundación Española do Corazón (FEC) e eurodeputados españois solicitaron este venres a creación dunha Estratexia Europea de Saúde Cardiovascular que dea prioridade á prevención das enfermidades cardiovasculares, antes que ao seu tratamento.
  comenta   0
No marco do festival con perspectiva de xénero Delas Fest, Ginevra Giovannovi deixou a súa pegada fronte ao instituto deste concello coruñés. "Pode contribuír a que os nenos se pregunten quen era esta gran muller", desexa.
  comenta   0
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas co obxectivo de que o Ministerio de Seguridade Social corrixa as desigualdades que se producen e garantir unha mellora nas condicións da xubilación.
  comenta   1
No seu recente artigo de opinión, baixo o título: Que está a pasar? -publicado en Galicia Confidencial-, Fermín Paz ofrece unha crítica fonda e reflexiva sobre a evolución sociopolítica desde a modernidade até a nosa era posmoderna, salientando os retos e as disxuntivas que enfronta a sociedade actual. A súa análise é penetrante e lúcida, porén, como toda obra de reflexión, benefíciase do diálogo e o complemento doutras perspectivas. Este artigo ten o propósito de ampliar e enriquecer as observacións de Paz, incorporando voces e pensamentos de expertos nunha morea de disciplinas, incluíndo filosofía, historia, economía e teoría política.
  comenta   0
A loita contra a violencia machista e a discriminación salarial, entre as prioridades do escano galego na UE.
  comenta   0
Na lembranza de Manolo Cabarcos, con quen desfrutaba no debate das pequenas cousas da vida.
  comenta   0
Asociacións de prensa denuncian a sitaución na que traballan moitas mulleres xornalistas.
  comenta   0
Este ano, as reivindicacións porán tamén o foco na precariedade laboral que afecta as mulleres "como consecuencia da discriminación histórica" que padecen por parte do "sistema patriarcal".
A edición deste ano chega á súa 20ª edición baixo o lema "Polo logrado, polo que queda, pola igualdade". As xornadas terán lugar do 8 ao 17 de marzo.
  comenta   0
A catedrática en Intelixencia Artificial da Universidade Politécnica de Catalunya Karina Gibert por algúns exemplos da discriminación que sofren as mulleres nos procesos de selección nos que se usa a IA. E fai un chamamento a que máis mulleres se sumen ao deseño destes sistemas, porque "é un sector de oportunidades de emprego de cara ao futuro", pois en Cataluña calcúlase que hai un déficit de profesionais de 16.000 persoas, é dicir, "a academia non forma suficientes profesionais e calcúlase que en 2030 faltarán 82,5 millóns de profesionais TIC no mundo".
  comenta   0
“Todos os homes son intelectuais; porén non todos cumpren a función de intelectuais na sociedade”. Esta soada cita de Antonio Gramsci ofrece unha reflexión profunda sobre o papel dos intelectuais na sociedade. Gramsci expón que todos os seres humanos teñen a capacidade de ser intelectuais, é dicir, de pensar, razoar e analizar de maneira crítica. Porén, non todos exercen esta función de maneira efectiva nin contribúen ao progreso intelectual e social.
  comenta   0
Ata catro vídeos gravou fai cousa de dous meses este 'youtuber' arxentino de raíces galegas nas zonas máis conflitivas da nosa terra: barrios de Poio, A Coruña, Ferrol e Carballo. Con máis de medio millón de reproducións, conta a realidade que se vive neles e fala con nós para explicarnos como chegou ata aquí.
  comenta   0
“O mundo non será destruído por aqueles que fan o mal, senón por aqueles que o observan e non fan nada”. Esta frase, atribuída a Albert Einstein, convídanos a reflexionar sobre a responsabilidade que cada individuo ten na preservación do benestar colectivo. Lémbranos que simplemente non chega con evitar facer o mal, senón que tamén é importante opoñerse activamente a el en todas as súas manifestacións. Ademais, ínstanos a cuestionar as estruturas e dinámicas sociais que permiten que a maldade e a inxustiza prosperen.
  comenta   0
Aqués que ten fama de honrados na vila roubáronme tanta brancura que eu tiña, botáronme estrume nas galas dun día, a roupa decote puñéronma en tiras.... Rosalía de Castro
  comenta   0
Aínda que desde o Concello lembran que o lecer nocturno de Santiago de Compostela "considérase tranquilo, seguro e non masificado", apuntan que "tamén é produto da socialización patriarcal, onde se producen desigualdades e situacións de violencias sexuais e LGTBIfóbicas".
  comenta   0