Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/02/2025 | Actualizada ás 19:02
A Estación de Montaña de Manzaneda prevé reabrir estre martes dúas pistas, con case 1 quilómetro de terreo esquiable, segundo informaron os seus responsables nun comunicado. O funcionamento dos canóns durante parte da noite do domingo ao luns, ata que a temperatura permitiuno, así como o movemento da neve que sobreviviu á choiva do pasado domingo permitirá que para este martes se poidan recuperar dúas pistas, en concreto Xeixo e Fontefría, que entre ambas suman 1 quilómetro esquiable. Tamén estarán abertas a cafetaría e o autoservizo, do mesmo xeito que o servizo de aluguer de equipos e todas as instalacións e servizos auxiliares, como a piscina, o circuíto de spa ou o rocódromo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.