Tráxico xaneiro nas estradas galegas con oito falecidos

Aumentan considerablemente os peóns falecidos, mentres que se reducen as mortes de motoristas.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 03/02/2025 | Actualizada ás 21:03

Comparte esta noticia

O último xaneiro saldouse en Galicia con oito falecidos por accidentes de tráfico nas súas estradas interurbanas, sete menos que no mesmo mes de 2024, segundo confirma a Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

A nivel estataal, rexistráronse 79 sinistros mortais nos que faleceron 83 persoas, sete menos tamén que no mesmo mes de 2024, nun contexto no que a mobilidade aumentou un 5% respecto de xaneiro do ano anterior, rexistrándose 33,87 millóns de movementos de longo percorrido. Andalucía e Cataluña lideran o número de vítimas mortais con 17 e 12, aínda que a última non rexistra variación con respecto ao xaneiro pasado.

Segundo detalla a DGT, houbo un aumento significativo en España do número de peóns falecidos (14), dez máis que no mesmo mes do ano anterior. Das catorce vítimas mortais, nove faleceron en sinistros que tiveron lugar en estradas convencionais e cinco en autoestrada e autovía. Tamén aumentaron os falecidos usuarios de bicicleta, catro respecto dos dous de xaneiro de 2024.

O descenso máis significativo de falecidos este mes é o dos motoristas, rexistrándose trece vítimas mortais, once menos que no mesmo mes do ano anterior. Tamén descenden os falecidos que se desprazaban en turismo e furgoneta. Igualmente descenden os falecidos de todo tipo de colisións, especialmente as frontais con dez falecidos, trece menos que no mesmo mes do ano anterior. 

Accidente en Noia.. BOMBEIROS BOIRO
Accidente en Noia.. BOMBEIROS BOIRO

CIRCULANDO SENTIDO CONTRARIO

Por outra banda, a chamada dun particular ao 112 á primeira hora da tarde deste luns alertou sobre a presenza dun condutor que circulaba en sentido contrario pola Autovía do Barbanza, AG-11. Segundo informaron fontes do CIAE 112-Galicia, esa chamada de alerta recibiuse sobre as 15,30 horas, cando unha testemuña informou de que un condutor se incorporou á autovía en sentido contrario, á altura do quilómetro 38, en Palmeira, no termo municipal de Ribeira. O 112 informou á Garda Civil, á Policía Local de Ribeira e aos servizos de mantemento da vía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta