O PPdeG pide acusa a PSOE e BNG de evitar a transferencia da AP-9 a Galicia

Socialistas e nacionalistas lembran que foi o goberno de Aznar o que prorrogou a concesión 25 anos máis.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2025 | Actualizada ás 21:47

Comparte esta noticia

O pleno do Parlamento de Galicia debateu na tarde deste martes unha proposición non de lei proposta polo grupo parlamentario popular na que se instaba á Xunta a dirixirse ao Goberno para que impulse todas as iniciativas políticas que sexan necesarias para culminar o proceso de transferencia da titularidade da autoestrada AP-9 e para que implante, "con carácter inmediato e con independencia do proceso anterior", a gratuidade desta estrada e da AP-53, por ser "as máis caras de España".

Foi o deputado Roberto Rodríguez o encargado de defender esta iniciativa, quen criticou tanto ao BNG como ao PSOE polos "incumprimentos" dos seus pactos de investidura, sendo unha "estafa" para todos os galegos. Rodríguez lamentou que, a pesar de que a Cámara galega aprobou por unanimidade iniciativas para solicitar a transferencia á Comunidade da AP-9, o Executivo segue con "prórrogas" para non tramitar esta medida.

Por parte dos socialistas, Carlos López Font insistiu en que foi o expresidente do PP José María Aznar o que ampliou a concesión durante 25 anos máis. El tamén asegurou que o camiño cara á gratuidade da vía "está iniciado", lembrando as bonificacións vixentes.

Paulo Ríos Santomé, do BNG, recoñeceu que o Goberno "non está a cumprir", pero preguntou aos 'populares' que conseguiron eles nos últimos 10 anos, cando gobernaban España e desde a oposición tras a chegada de Pedro Sánchez, sobre a AP-9.

Este debate produciuse nun contexto convulso na Cámara debido a que os socialistas solicitaron que esta proposición non de lei fose debatida á vez que outro punto da orde do día sobre o mesmo tema, tamén rexistrado polo PPdeG.

Con todo, o presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices, dixo que, a pesar de que o regulamento si contempla a competencia do presidente para levar a cabo esta decisión, segundo el sería "a primeira vez" que se fai sendo propostas do mesmo grupo. "Non hai antecedentes", engadiu. Por iso, emprazou a discusión á próxima xunta de portavoces, polo que nesta ocasión decidiu que se debatan por separado, quedando a segunda cuestión para a continuación do pleno mañá mércores.

Roberto Rodríguez Martínez.. PARLAMENTO DE GALICIA
Roberto Rodríguez Martínez.. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta