"A día de hoxe, non hai dueto máis afinado que o que compón o Goberno do Estado coa concesionaria da AP-9. Non desafinan nin unha soa nota", afirmou na Cámara o deputado popular Roberto Rodríguez.
  comenta   1
O subdelegado do Goberno en Pontevedra carga contra a "demagoxia" de Lores polas súas "desafortunadas e inxustas" declaracións comparando a prórroga concedida por Felipe González coa concedida por Aznar.
Para quen vivimos -hai agora 22 anos- a catástrofe do Prestige resulta mais doado entender todo o acontecido arredor da traxedia destes últimos días nalgunhas comarcas do Pais Valenciá e noutros territorios limítrofes.
  comenta   0
En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico volveu a convidar os vigueses a participar nese acto "para reclamar o tren de alta velocidade directo a Madrid, e non dando a volta por Santiago", e insistiu novamente en que a cidade non dispón desa conexión porque "o PP lla negou, con Aznar, con Feijóo e con Rajoy".
"Lémbrolles que nesa (primeira) resposta pedímoslles que asumisen as prioridades da cidade e que, se pedían perdón por deixala sen tren de alta velocidade, aínda que fóra con 20 anos de atraso, estariamos dispostos a falar", expón a tenente de Alcalde, Carmela Silva.
"El problema derivado del hundimiento del Prestige no fue correctamente valorado ni en términos políticos y sociales, ni en términos económicos", apunta este documento que recomenda, entre outras cousas, controlar a información dos medios e "bajar a pié de obra, tratar in situ con los afectados".
  comenta   0
O profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña (UDC) Carlos Aymerich, coautor do estudo dos custes dun hipotético rescate da AP-9 encargado polo BNG, denuncia que nesas tarifas "quizáis teña algo que ver a dedicación profesional dos mesmos políticos que as fixan cando deixan a política activa".
  comenta   2
Unha cantiga de Sabina co nome de Ruido chámame a atención pois pode explicar moito do que acontece na vida política do noso Estado. Dende hai un tempo, e sobor de todo nos últimos días, Feijoo e os seus loitan contra o goberno facendo moito ruído, e empregando a xustiza como única arma pra facer oposición. Polo que o balbordo instalouse nas nosas vidas xunto ás trolas e o mangoneo das noticias. E todo pra enlamar máis o escenario e deteriorar a nosa maltreita democracia. Si tomamos ó pe da letra o que dixo o portavoz Tellado, o seu partido fará todo o posibel e empregará todas as súas forzas para botar a este goberno que é o mais malo que temos dende a transición.
  comenta   0
Cifra o custo do seu rescate en 904,7 millóns de euros, "moito menos" dos 4.000 millóns que calculou no seu día o PP e dos 6.000 millóns dos que fala o actual Goberno central, tal como dixo Pontón.
  comenta   0
O portavoz criticou que ambas formacións non apoiaron as bonificacións anteriores en 2021 nin os Orzamentos que permitían ampliar os beneficios para os usuarios da AP-9.
  comenta   1
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparecerá a petición propia no Parlamento de Galicia o vindeiro martes para informar o pleno das liñas estratéxicas dos Orzamentos da Xunta para 2025 e dos proxectos do seu Goberno para este mandato.
  comenta   0
Pontón mostrou o seu desexo de que o presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, "non vaia a comisión para tapar as responsabilidades do seu partido e do señor Aznar ao ampliar ilegalmente as peaxes que pagan os galegos unicamente para que as empresas amigas do PP fagan caixa a conta de Galicia".
  comenta   0
A líder nacionalista, Ana Pontón, considera "un escándalo" que a Administración central "fixese que os galegos paguemos máis peaxes" por unha cuestión de "negocio" e "especulación" coas infraestruturas públicas.
  comenta   0
Rueda destacou o paso e asegurou que confía en que "esta vez o Goberno central sexa máis sensible coas necesidades" da comunidade "que a última. Besteiro asegura que o PP "votaba cunha man" o traspaso no Congreso e "vetábao coa outra".
  comenta   0
O PP lamenta que non o trasladen aos grupos antes de comunicalo en rolda de prensa e o BNG empraza a coñecer o texto. Rueda teme polos galegos na Arxentina e urxe "desescalar" a tensión.
  comenta   0
O rebumbio provocado pola suspensión das actividades públicas de Pedro Sánchez durante 5 días convida a realizar algunhas reflexións sobre a orixe e as eventuais consecuencias de semellante decisión.
  comenta   0
Reclama anular a concesión "presuntamente ilegal" e estudar custos para unha asunción directa, que estima nuns 1.500 millóns, tras a apertura do expediente da Comisión Europea.
  comenta   0
Segundo o rexedor, esta medida trátase dun "apoio importantísimo e vital" para que a compañía automobilística continúe fabricando os seus vehículos en Vigo.
Tellado acusa a Sumar de "cómplice" no caso Koldo e Yolanda Díaz afea a corrupción do PP coa situación de Baltar que tampouco dimitiu como senadro.
  comenta   0
É ben coñecida a frase de Carlos Marx contida no inicio da obra "O 18 Brumario de Luis Bonaparte": "A historia ocorre dúas veces: a primeira vez como unha grande traxedia e a segunda como unha miserábel farsa".
  comenta   0
Nos primeiros momentos do accidente do Prestige o Goberno central ordenou "mandar el barco al quinto pino", mentres se criticaba a actuación do capitán do barco e aos países propietarios do mesmo. No caso da crise dos granulados, a reacción das administracións foi semellante e actuaron case un mes despois.
  comenta   0
A crise dos 'pélets', ou dos plásticos, está deixando frases para a historia. Frases que lembran, e moito o acontecido durante a catástrofe do Prestige. Galicia Confidencial recompila as principais declaracións de dirixentes políticos e sociais dos últimos días e a súa semellanza co acontecido hai máis de 20 anos.
  comenta   0
Nunha democracia parlamentaria, ademais da lóxica relevancia atribuída ás formacións políticas que conforman o poder executivo -e, no seu interior, á persoa que encarna a presidencia do goberno- resulta moi importante analizar o papel que desenvolve a oposición e a calidade do labor dos seus dirixentes.
  comenta   0
O recente artigo de Iñigo Urkullu no diario "El País" reabriu o debate -polo demais, nunca concluído- sobre a estruturación territorial do Estado español. É certo que estamos ante unha opinión emitida nun formato xornalístico e que, por tanto, non se trata dun documento debidamente sistematizado e formalizado asumido polo actual presidente do goberno vasco. Non se lle poden pedir os niveis de precisión e concreción que serían esixíbeis a unha resolución aprobada polo PNV ou polo propio goberno de Euskadi (hipótese polo demais inviábel debido á presenza do PSE no propio executivo vasco).
  comenta   0
O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, coincidirá en Galicia este domingo, 17 de setembro, co xefe de filas do PSOE e presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, dado que os populares preparan un acto en Santiago de Compostela baixo a lema 'Pola igualdade dos Españois', no marco da campaña impulsada no ámbito estatal.
  comenta   0
Feijóo acudirá a un acto, mentres que Rajoy ten previsto participar en dous mítines en Pontevedra e Santiago.
  comenta   0