BNG critica que o Goberno a petición de adiamento a Bruxelas para xustificar a prórroga da AP-9

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2024 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

O BNG pide ao Ministerio de Transportes "información transparente" en relación coas razóns que motivaron ao Goberno central a solicitar un adiamento para xustificar ante Bruxelas a prórroga da AP-9, así como coñecer cales serán as alegacións que presente.

Tal e como trasladaron nunha nota de prensa, os nacionalistas consideran esta decisión do Goberno "errónea", xa que cren que debería "aproveitar a ocasión e cambiar a posición" que mantén sobre esta cuestión. "Debe aproveitar a oportunidade brindada pola apertura do expediente de infracción para declarar a nulidade da prórroga por non axustarse a dereito", manifestou o deputado no Congreso Néstor Rego.

Neste sentido, lembrou que no ámbito da Unión Europea "xa existen precedentes de casos parecidos que foron resoltos anulando a concesión". Así mesmo, Rego reclamou coñecer o contido íntegro da carta enviada polo comisario de Comercio Interior ao Goberno. Nesta misiva, sinalou, o comisario advertía que o Goberno de Aznar "xa planeaba en 1999 a privatización da AP-9 e que a prórroga se utilizou como un mecanismo para aumentar o seu valor no mercado".

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, nunha intervención
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, nunha intervención | Fonte: BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Efectivamente o camiño debera ser a NULIDADE da Concesión. Pero non vale facer trampas no solitario, se non coñecemos as Dúas Cartas remitidas pola Comisión Europea e tampouco sabemos cal foi a Resposta do Goberno á primeira carta... ESTAMOS CEGOS ! // En la denuncia presentada por En Colectivo el 9 de julio de 2019 se indicaba que los Reales Decretos 1809/1994 y 173/2000, que conceden sendas prórrogas a Audasa para la explotación de la autopista hasta el 2023 y el 2048, respectivamente, incumplían diferentes Directivas de la Unión Europea. // Que é o que ten que pasar para que Nestor Rego teña unha entrevista de traballo co avogado de En Colectivo? https://www.vigoe.es/actualidad/el-... Seica prefieren marear a perdiz Dous Meses máis a ver se cambian ao Comisario e seguimos pagando ata 2048 !!!