Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2024 | Actualizada ás 14:20
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, abriuse este luns a "falar" e "ver as responsabilidades" que puideron ter "sucesivos gobernos" nas prórrogas á autoestrada AP-9.
Así o sinalou durante a comparecencia posterior ao Consello da Xunta, ao ser preguntado sobre a posibilidade de pedir contas ao Goberno central pola prórroga da concesión da AP-9 concedida polo Goberno de Aznar que a Unión Europea considera que foi contraria á normativa europea.
"Eu non me nego a falalo e ver as responsabilidades que puidese haber de sucesivos gobernos e de sucesivos ministros de diferentes partidos, que non se se as hai ou non", dixo o presidente da Xunta, que, no entanto, instou a falar en primeiro termo "das posibilidades de transferencia e de gratuidade" desta infraestrutura.
Para Alfonso Rueda, o Partido Socialista "está moi interesado en falar do anterior, onde houbo diferentes gobernos, para non falar do que ten encima da mesa", a transferencia da AP-9, que "é o que realmente estamos a esperar en Galicia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.