Argumenta, entre outras cousas, que non se localizou o título habilitante para a construción do muro de contención que inclúe a parcela da vivenda, xunto coa franxa de 210 metros cadrados do dominio público que queda no seu interior.
  comenta   0
A lei de costas contempla a opción de que o Estado autorice concesións por 30 anos aos anteriores usuarios de terreos que se declaren dominio público e, co sustento desta vía legal, a parella de Feijóo solicitou unha concesión ata 2037.
  comenta   0
Coas novas cifras, o custo da indemnización por rescate, segundo o PPdeG, aplicando unha taxa de desconto (2.331 millóns de euros) e o custo das bonificacións ata final de concesión, "parécense de forma considerable".
  comenta   0
Aclara os requisitos para a concesión da nacionalidade e di que corresponde á Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública e non a un notario.
  comenta   0
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable resolveu a actualización das peaxes das autoestradas de titularidade estatal baixo concesión administrativa para 2025.
  comenta   0
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña outorgou hoxe unha concesión á Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) para a construción dun centro de seguridade alimentaria no porto exterior.
Despois de que o Goberno retirase a esixencia dun informe vinculante do Estado cada vez que a Xunta pretenda outorgar unha concesión para obras ou instalacións non desmontables no dominio público marítimo-terrestre, Ángeles Vázquez reivindicou que as comunidades son "o suficientemente adultas" para xestionar a súa costa.
  comenta   0
A concesión do servizo ORA de Ourense acumula varias prórrogas desde o seu vencemento en 2016. Con todo, a súa suspensión definitiva dependerá do que decida o pleno da Corporación, onde Democracia Ourensana, partido que sostén ao alcalde, non conta con maioría.
  comenta   0
A Xunta licita, por primeira vez de forma simultánea, a posibilidade de adquirir chan empresarial e a concesión do dereito de superficie, polo que todas as parcelas poderán solicitarse en calquera dos dous réximes.
  comenta   0
Para manter o equilibrio económico financeiro da concesión de Autoestradas, requírese, sinala, subscribir un convenio entre o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a Xunta de Galicia e a sociedade concesionaria para regular a compensación pola mencionada exención do pago de peaxe.
Segundo confirman a Europa Press fontes do Concello de Lugo, a rampla estivo operativa menos de dúas semanas porque a autorización da Confederación Hidrográfica Miño-Sil vai desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro. Non entanto, a concesión é por 20 anos, polo que o acceso ao baño volverá o próximo ano.
O BNG sinalou que o momento actual é "unha oportunidade" para que o Executivo rescinda o contrato coa actual concesionaria, e poña fin "a décadas de sobre-pago".
  comenta   0
Os e as traballadoras das ITV galegas reclaman igualdade salarial entre traballadores do mesmo nivel profesional podendo haber diferenzas notables nas nóminas. Tamén reclaman melloras nos pluses de quendas (mañás, tardes e fins de semana), quendas que non estaban contempladas nos pregos de condicións. Mentres, a empresa SYC non se move da súa posición: “non contemplamos subir salarios nin pluses”
  comenta   0
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tamén falou este xoves do informe de Contas, solicitando á Xunta explicacións polos "tantos e tantos millóns de euros de sobrecusto".
Explica que, recentemente, anunciouse o período de exposición ao público para a concesión de acceso á rede de enerxía eléctrica en Meirama (220KV), aberto ata o 5 de agosto, pero esta concesión "non repón toda a capacidade de acceso que tiña a central térmica".
  comenta   0
Instan á Xunta a continuar a tramitación do expediente de caducidade das concesións e a requirir a restauración ambiental.
  comenta   0
Óscar Puente advertiu de que pór fin á concesión da autoestrada a Audasa suporía un custo de 4.000 millóns de euros para o Estado, unha cifra "inasumible" para o titular de Transportes.
  comenta   0
O proxecto detalla que os labores mineiros "localízanse fóra das áreas Rede Natura 2000", pero "si existe unha superficie ao norte" da concesión nun espazo protexido como zona de especial conservación (ZEC) denominado Ancares-O Courel, incluído en Rede Natura.
O ministro Puente di que que se o PP non prorrogara a concesión a Audasa, hoxe a autopista sería dos galegos e galegas.
  comenta   0
"Converteremos o despoboamento rural nunha prioridade de ámbito europeo, incorporando beneficios automáticos na concesión de fondos europeos para as rexións máis despoboadas e aumentaremos o orzamento da PAC, asegurándonos de que inclúe e respecta as particularidades do medio rural galego", explicou Paula Prado.
  comenta   0
Reclama anular a concesión "presuntamente ilegal" e estudar custos para unha asunción directa, que estima nuns 1.500 millóns, tras a apertura do expediente da Comisión Europea.
  comenta   0
A asociación En-Colectivo ve "cada día máis preto" conseguir que "finalice" o cobro de peaxes e pide "transparencia" ao Goberno.
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego calcula que máis de 10.000 granxas de carne víronse prexudicadas por esta orde, con axudas mínimas de 600 euros, o que supón un desembolso pendente de máis de 6 millóns de euros por parte da Xunta. "Se sabe" que a Xunta "non cumpriu" esta sentenza "porque ninguén viu un euro".
  comenta   0
No pleno ordinario celebrado este luns, o grupo municipal do BNG preguntou respecto deste feito, e sinalou que o goberno local coñece a posición da Oficina desde fai, polo menos, un par de semanas.
O TSXG, despois de desestimar o recurso presentado polo Concello, lembra que a administración local non é titular do encoro, senón dunha concesión de captación de auga do río Oitavén.
A xunta de goberno local de Vigo deu luz verde este luns á adxudicación, por 319.000 euros, dun contrato de consultoría para a elaboración dun estudo sobre o transporte urbano colectivo na cidade, e que sentará as bases do servizo a partir de 2025, momento en que finaliza a actual concesión do bus urbano, en mans de Vitrasa.
"Esta prórroga é unha decisión inadmisible que só beneficia á empresa concesionaria", manifestou a eurodeputada do BNG, á vez que se pregunta "que intereses escuros ten o PP para tomar esta decisión que prexudica a todos os galegos e galegas".
  comenta   0
Os traballadores esixen á Dirección da empresa que aprobe un Plan Industrial e un Plan Estratéxico, agora que xa ten despexado o seu futuro por mor da sentenza do Tribunal Supremo do pasado 7 de febreiro, na que se ratificaba a legalidade da prórroga da concesión por 60 anos outorgada en 2016 para seguir ocupando os terreos de dominio público marítimo terrestre nos que está instalada a fábrica na ría.
  comenta   0
O portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, reiterou na reunión do Consello da Xerencia de Urbanismo deste martes a súa solicitude de acceso a eses expedientes que, ata agora estaban paralizados por estar suspendida a concesión de licenzas, pero que poderán tramitarse a partir do 16 de outubro, cando decaia esa suspensión, "aínda que sexan incompatibles" co novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (que está pendente de aprobación provisional).
O PP de Santiago pediu este venres explicacións ao goberno que lidera o BNG polo "atraso" na concesión de licenza para implantar unha unidade de coidados intermedios, vinculado á remodelación do edificio do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi).
  comenta   0