Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2024 | Actualizada ás 16:07
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, volveu a lanzar unha mensaxe de tranquilidade sobre a avaliación ambiental de Altri, asegurando que "cumprirán a lei" e pedindo á oposición que "deixe traballar" aos técnicos. "De que teñen medo?", preguntouse a responsable autonómica.
Así se expresou a conselleira en Bruxelas, onde viaxou para defender ante a Unión Europea a necesidade dunha norma comunitaria para o transporte marítimo de microplásticos. A conselleira fixo un chamamento aos grupos políticos para "non contaminar" con informacións e "non manipular". "Lanzou unha pregunta: Que é o que esconden os nacionalistas e os seus aliados para non querer que se fagan os trámites establecidos por lei? É unha obrigación. O resto sabemos que é unha prevaricación", defendeu.
Refírese a os informes técnicos nos que traballan, dos que di que non teñen "medo". "Se os informes son favorables, a declaración será favorable e, por tanto, poderase implantar porque iso quere dicir que, desde o punto de vista ambiental, cumpre", explicou. De ser así, continuou, o Goberno galego entende que é "estratéxica" a implantación de empresas que van sacar "novos produtos que están avalados pola comisión como pode ser a fibra téxtil".
"De non cumprir, non se instalará. Nós non temos ningún tipo de temor e gustaríanos saber que temor teñen eles", insistiu, lembrando ademais que Europa confirmou que se estaba tramitando "conforme á lei" e que o Goberno central continúa "pendente" dunhas declaracións "que aínda non saíron". "E se non saíron é imposible que ninguén faga ningunha valoración", apostilou.
MENSAXE DE TRANQUILIDADE: "IMOS A CUMPRIR A LEI"
Por iso, pediu tanto a representantes do BNG como do PSOE a nivel autonómico que "deixen traballar e que deixen á xente en paz". "Son profesionais. Igual que aos médicos non lles podemos dicir se teñen que operar a corazón aberto ou a un profesor como ten que facer un exame, a estes técnicos non se lles pode condicionar. Pero ninguén. Tampouco nós", aseverou.
Nesta liña e máis concretamente sobre as críticas do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Besteiro, ás posibles axudas que poida recibir o proxecto,Vázquez puntualizou que poderá optar a elas "como calquera outra". Concluíu enviando unha mensaxe de tranquilidade aos galegos. "Que a xente non teña temor. Galicia é das comunidades autónomas que máis e mellor cumpre. Imos cumprir estritamente a lei. Non imos a prevaricar", afirmou.
"XA FALARON OS TRIBUNAIS" SOBRE ENCE
Por outra banda, a conselleira de Medio Ambiente tamén abordou o ditame lanzado este luns por Bruxelas no que sostén que concensións como a de ENCE poden "infrinxir" directivas europeas. Sobre isto, considera que xa falaron os tribunais e "deron a razón a Ence e á comunidade autónoma".
"Parece ser que hai unha infracción aberta por parte da Comisión ao Estado por entender que non se fixo ben unha trasposición. No seu día nós pedimos a información porque somos afectados e díxollenos que era información reservada", lembrou a responsable autonómica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.