O BNG denuncia que o goberno de Vigo lle oculta un cento de expedientes de licenzas urbanísticas que non terían cabida co novo PXOM
O portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, reiterou na reunión do Consello da Xerencia de Urbanismo deste martes a súa solicitude de acceso a eses expedientes que, ata agora estaban paralizados por estar suspendida a concesión de licenzas, pero que poderán tramitarse a partir do 16 de outubro, cando decaia esa suspensión, "aínda que sexan incompatibles" co novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (que está pendente de aprobación provisional).
Por Europa Press / Redacción | VIGO | 26/09/2023 | Actualizada ás 19:01