Por Europa Press / Redacción | MADRID | 26/03/2025 | Actualizada ás 14:26
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou este mércores no Boletín Oficial do Estado (BOE), a resolución que modifica a publicada o pasado 6 de febreiro, pola que establece medidas de ordenación pesqueira para a campaña 2025 do ollomol, alfonsinos e de sabre negro, entre as frotas do caladoiro no Cantábrico nacional noroeste (zona 8c) e a fachada atlántica de Galicia (zona 9ª) e a frota que opera no Atlántico nordés por fóra das augas españolas (Neafc).
En concrento e mediante esta resolución, actualízanse as porcentaxes das unidades de xestión dos tres stocks destas especies de augas profundas en base aos datos de capturas desembarcadas entre 2021 e 2024. Así mesmo, incorporáronse as cantidades correspondentes á flexibilidade interanual xerada da campaña anterior. Desta forma fíxase unha cota de 85 toneladas para a pesqueira do ollomol, 40,915 toneladas para a de alfonsinos e 13,179 toneladas de sabre negro para a campaña de 2025. Agricultura precisou que isto supón un incremento da cota con respecto á establecida na resolución de febreiro de 5 de febreiro de 915 quilos para os alfonsinos e de 6,179 toneladas para o sabre negro.
Ademais, os topes de captura foron axustados en función das necesidades do sector e as características de cada unidade de xestión, con diferenciación entre capturas diarias e semanais. Mantense o establecido na resolución publicada en febreiro, e revisouse o tope semanal na unidade de xestión 2, xa que a frota faena os sete días da semana. Desta maneira, as medidas establecidas para cada unidade de xestión adáptanse ás circunstancias específicas de cada segmento de frota, o que permite un mellor aproveitamento do recurso.
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación reafirma o seu compromiso coa explotación sustentable dos recursos mariños, revisando e axustando as cotas en función da información máis actualizada. Ademais, permítese unha planificación máis eficiente da actividade pesqueira dos máis de 240 buques que están autorizados á pesqueira destas especies, moi apreciadas no mercado español e imprescindibles para a rendibilidade socioeconómica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.