Rueda desexa firmar co ministro Torres, enfermo de cancro, o traspaso de xestión do litoral

"Se non pode, desexolle a máis pronta recuperación", dixo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2025 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, lamentou a noticia de que o ministro de Política Territorial, Ángel Víctor Torres, padece cancro e, ademais de desexarlle "a máis pronta recuperación", afirmou que lle gustaría que fose o que asinase con el o traspaso a Galicia das competencias de xestión do litoral.

"Non se cando se vai a producir a súa retirada (o ministro dixo que a intervención cirúrxica sería en abril), pero se estamos no final de todo (do proceso de traspaso), creo que sería unha magnífica noticia, xa que con el levamos toda a negociación, que puidésemos pechar o acordo", aseverou.

"Convideino na última carta cando xa manifestaba a aceptación por parte de Galicia (ao borrador provisional do traspaso) e creo que sería un magnífico colofón que puidese estar aquí en Santiago asinando comigo a cesión total da competencia", dixo Rueda, quen confía en que a enfermidade do ministro "non inflúa nun procedemento que está practicamente pechado". O presidente galego insistiu en que desexaría que Torres acuda a Galicia, pero se non pode ser así, dixo que lle desexa, en todo caso, "a máis pronta recuperación".

Rueda comparece ante os medios en Ferrol
Rueda comparece ante os medios en Ferrol | Fonte: DAVID CABEZÓN @ XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta