Localizan o corpo sen vida da octoxenaria desaparecida en Sada enganchado nunha batea

Apareceu baixo unha batea situada fronte a praia de Arnela-Carnoedo, o mesmo logar no que se chegaron a localizar algúns efectos persoais da anciá.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/03/2025 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias localizaron enganchado nunha batea situada fronte a praia de Arnela-Carnoedo, no municipio coruñés de Sada, o corpo sen vida da octoxenaria que se buscaba na zona desde o domingo. Segundo notificou a Garda Civil, efectivos do Servizo Marítimo do Instituto Armado, en colaboración con Gardacostas da Xunta de Galicia, acharon o corpo este martes.

Tal e como detallou Salvamento Marítimo, a embarcación Punta Seixo Branco avistouno baixo unha batea do polígono das bateas de Sada. Os mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil recuperárono e trasladado a porto na patrulleira Rio Jaya. Foi un familiar quen deu o aviso da desaparición o domingo e iniciábase unha procura por terra, mar e aire. De feito, chegáronse a localizar algúns efectos persoais en Arnela Pequena.

Embarcación Salvamento Marítimo
Embarcación Salvamento Marítimo | Fonte: SALVAMENTO MARÍTIMO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta