Protesta diante da Galiña Azul de Esteiro, Ferrol, para denunciar a supresión de dúas horas de atención indirecta

"Non nos serven as solucións que propón o Consorcio para a retirada das dúas horas e media de atención indirecta que ata o momento houbo neste proxecto de escolas", subliñou a presidenta da ANPA, Andrea Martins

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2025 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

Pais e nai da Escola Infantil A Galiña Azul de Esteiro, en Ferrol, concentráronse este martes ao mediodía ante as instalacións nunha mobilización convocada pola ANPA deste centro para mostrar o seu rexeitamento á supresión de dúas horas e media de atención indirecta, do que culparon ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

"Non nos serven as solucións que propón o Consorcio para a retirada das dúas horas e media de atención indirecta que ata o momento houbo neste proxecto de escolas", subliñou a presidenta da ANPA, Andrea Martins.

Así mesmo, detallou que pasaron de "ter dúas horas e media para atención indirecta, co que iso implica", en alusión a atención individualizada aos nenos, ademais de tutorías coas familias, preparación a nivel pedagóxico de proxectos, "a ter tres días no curso".

Do mesmo xeito, asegurou que entende que "a nivel sindical do propio Consorcio será quen teña que negociar iso", pero que, tal e como trasladou, "houbo unha redución para todo o mundo pasando de 37,5 horas a esas 35 horas totais", xa que "non se teñen en conta as horas de atención indirecta que ata o momento había".

En todo caso, Martins lamentou que a nova situación "ten consecuencias para as familias, xa que ao final os nenos están menos tempo".

A Galiña Azul en Esteiro, Ferrol
A Galiña Azul en Esteiro, Ferrol

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta