Un turista alemán que se facía un 'selfie' na Torre de Hércules pode ser o desaparecido que caeu ao mar

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2025 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A procura do home que caeu ao mar o pasado domingo na zona da Torre de Hércules, na Coruña, prosegue, segundo confirmou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, quen admitiu que non se trata duns labores "sinxelos".

O home precipitouse ao mar sobre as 13.10 horas, tras o cal un particular alertou a Emerxencias de que fora arrastrado por unha onda mentres se sacaba unha foto. Blanco ratificou que "hai datos máis que contrastados dunha persoa que caeu", ao non descartarse que non se produciu tal circunstancia debido a non existir denuncia.

A preguntas dos medios, explicou que "é probable que sexa unha persoa estranxeira, un turista alemán" e que a Policía segue investigando. "A procura continúa, o feito existiu", recalcou o delegado en base aos datos dispoñibles. Ademais, precisou que na xornada do martes baixaron mergulladores á zona "sinalada" onde caeu, nunha exploración que foi infrutuosa.

Un barco de salvamento marítimo traballa na procura do desaparecido, a 23 de marzo de 2025, na Coruña
Un barco de salvamento marítimo traballa na procura do desaparecido, a 23 de marzo de 2025, na Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta