Reorganización das unidades post-Covid do Sergas tras descender a 1.322 casos en 2024

Estas unidades atenderon a máis de 26.000 persoas entre 2021 e 2024.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2025 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia

As unidades post-covid do Servizo Galego de Saúde atenderon un total de 26.474 persoas entre os anos 2021 e 2024. Así o confirmado a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, na súa intervención esta mañá na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, na que informou da evolución da atención nas Unidades Multidisciplinares Post-Covid desde a súa constitución, en 2021, nas sete áreas sanitarias de Galicia.

Explicou que o obxectivo da súa creación era prestar unha atención e recuperación "idóneas e de máxima calidade" aos pacientes afectados por esta patoloxía, unha vez superada a súa fase aguda. Indicou tamén que as unidades se configuraron principalmente con profesionais de Medicina Interna, Pneumoloxía e de Enfermaría, "rexistrando unha intensa actividade nos primeiros anos da pandemia".

As consultas vinculadas á covid persistente alcanzaron a súa actividade máxima no ano 2022 ao rexistrarse un total de 12.104 atencións, fronte ás 7.662 que tiveron lugar en 2021.
esde xaneiro de 2023, o fluxo de pacientes nestas unidades descendeu "de maneira significativa", ao contabilizarse 5.406 consultas nese ano e 1.302 en 2024. Este descenso da demanda, apuntou, provocou que se reorganizase a atención na maioría das áreas sanitarias e, "co consenso cos seus equipos profesionais", a continuidade asistencial especializada pasou aos servizos hospitalarios de referencia.

Desde o inicio da pandemia, Galicia contabiliza un total de 738.828 casos vinculados ao virus Sars-Cov-2, cunha taxa de curación que supera o 99 %.

GALICIA, REFERENTE EN VACINACIÓN DE COVID-19

Natalia Lobato destacou tamén que Galicia se mantén na actualidade como un referente nacional de internacional no ámbito da vacinación fronte o virus Sars-Cov-2. E que o mesmo ocorre no campo da investigación desta enfermidade.

A este respecto, lembrou que en xuño do ano 2021, Galicia converteuse na primeira comunidade en enviar aos seus pacientes un cuestionario deseñado por especialistas sanitarios para dimensionar e caracterizar como afectaba esta patoloxía á poboación galega, unha vez cumpridas as 12 semanas do diagnóstico positivo.

A Xunta enviou máis de 560.000 cuestionarios, dos que se obtiveron máis de 130.000 respostas. Entre os resultados obtidos, confirmouse que estaban en seguimento asistencial polos Servizos de Atención Primaria o 9,2 % dos pacientes, e case un 3 % a seguimento no hospital.

Ademais, permitiu alcanzar diferentes conclusións entre as que destacan que o 19% presentaron algún grao de dificultade respiratoria; o 13% manifestou perda de gusto ou olfacto; case o 10% presentaron síntomas incapacitantes para facer mínimos esforzos que antes podían realizar; o 5% identificaron dificultades para concentrarse ou problemas de memoria; e o 3% afirmou sufrir insomnio a diario.

Un test rápido de covid con resultado positivo
Un test rápido de covid con resultado positivo | Fonte: María José López - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta