Os descontos nas peaxes da AP-53 entrarán en vigor en abril

Iniciativa Empresarial do Noroeste (IEN) reclamou un estudo claro e a longo prazo sobre cal é a solución menos custosa para a AP-9.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2025 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, situou o anuncio do ministro de Transportes e Mobilidade Urbana, Óscar Puente, de que os descontos nas peaxes da AP-53, a autoestrada que une Santiago de Compostela e Lalín, entrarán en vigor a partir do mes de abril no "cumprimento con Galicia" por parte do Executivo central. A preguntas dos xornalistas nun acto na Coruña, mostrou a súa satisfacción. "Novamente é o Goberno de Sánchez", aseverou ao contrapor as bonificacións á "privatización" na etapa de goberno do PP. "Volve ser o Goberno socialista o que pon as bonificacións que é o que interesa a todo o mundo", dixo ao destacar isto fronte á titularidade, ao ser preguntado pola AP-9. Respecto diso, incidiu en que hai autoestradas "titularidade da Xunta e non se aplicou desconto, que é o que importa a usuarios e usuarias".

DEMANDA DO SECTOR EMPRESARIAL

Pola súa banda, Iniciativa Empresarial do Noroeste (IEN) reclamou un estudo claro e a longo prazo sobre cal é a solución menos custosa para a AP-9. O presidente de IEN por Europa, Manuel Pérez, lembra que recentemente se produciu un novo acordo unánime no Parlamento galego para reclamar ao Goberno central a súa transferencia, "aínda que subxace o desacordo entre os principais grupos políticos sobre se é mellor o rescate da concesión ou conseguir a gratuidade a través do pago de bonificacións". "Nun tema desta importancia hai que deixar de marear a perdiz e pór sobre a mesa os números: o que nos custa agora e o que vai sumar a conta de aquí a 2048, e adoptar unha solución canto antes", asegura.

Imaxe do atasco na AP-9
Imaxe do atasco na AP-9 | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta