Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/06/2024 | Actualizada ás 14:36
A participación nas eleccións europeas deste domingo sitúase en Galicia no 39,01% ás 18.00 horas da tarde, ao exercer o seu dereito a voto case 866.000 persoas na Comunidade. Supón un esborralle de 11,19 puntos con respecto aos comicios á Eurocámara de 2019, cando foi do 50,20%, pero hai que ter en conta que entón coincidiron cunhas municipais.
Con todo, se se compara o dato co de 2014, cando igual que este ano se celebraron eleccións europeas de maneira illada, a concorrencia dos galegos ás urnas subiu un 5,25%, fronte ao 33,76% de entón.
En toda España, a participación ás 18.00 horas situouse no 38,35%, por baixo do dato galego, a pesar de que no avance das 14.00 horas era ao revés. O dato estatal é once puntos inferior ás de 2019, pero está catro por encima que as de 2014.
Por provincias, esta tendencia é unánime nas catro galegas. Ourense mantense como a máis mobilizada no segundo avance de participación das 14.00 horas, cun 40,04%. Pese ao esborralle de doce puntos con respecto a fai cinco anos, é un aumento de case catro sobre o mesmo dato de 2014.
En Pontevedra, acudiu a votar ata o momento o 39,35% do censo, máis de once puntos menos que en 2019 pero case cinco máis que en 2014.
Mentres tanto, na Coruña foron ás urnas o 38,57%, unha baixada de dez puntos e medio con respecto ao anteriores pero seis máis que hai unha década, a última vez que os comicios europeos non coincidiron con ningunha outra cita.
Finalmente, en Lugo a participación ata as 18.00 horas situouse no 38,57%. Neste caso, a caída é de máis de doce puntos porcentuais sobre 2019, pero cinco puntos máis que en 2014.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.