Leva máis de 30 anos como xinecólogo, e más de 15 traballando no centro de planificación familiar do CHUVI e asegura que a día de hoxe poden ofertar ás mulleres o DIU hormonal, alternativa ao DIU de cobra como método anticonceptivo de longa duración, grazas que "é o propio servizo de farmacia do centro o que asume o seu custe".
  comenta   0
Segundo informou a Xunta, neste mesmo período, os equipos técnicos realizaron preto de 400 accións formativas que chegaron a case 9.000 participantes para promover entre a mocidade a igualdade de xénero, o benestar emocional e o bo trato.
  comenta   0
Juan Carlos Permuy é psicólogo e un dos organizadores das XIII Xornadas “Achégate á Igualdade" "Queres formar parte? Novas masculinidades, novas oportunidades". Este encontro celebrouse o 16 de novembro e nel abordouse a nova masculinidade, unha revisión do papel do home na sociedade para derrubar estereótipos e presións como ser duro, non chorar ou ser provedor. Aínda así, queda moito por avanzar na explicación das novas masculinidades ou masculinidades igualitarias.
  comenta   0
A Cámara galega aprobou co respaldo dos tres grupos que a integran (PP, BNG e PSdeG) reclamar ao Goberno autonómico a elaboración antes do próximo verán dunha guía sobre sexualidade con material informativo e recursos para as familias, así como a posta en marcha dunha campaña que alerte dos "perigos" que supón o consumo de pornografía á hora de trasladar os estereotipos sobre as violencias cara ás mulleres.
  comenta   0
A historiadora Zulema Olivencia conta que a prostitución heterosexual exercida por mulleres foi recollida xa por filósofos como Platón ou Cicerón, non así a heterosexual exercida por homes ou a homosexual, que se trataba de ocultar. Na cidade de Ostia e na de Pompeia atopáronse espazos nos que se tería practicado sexo, con pinturas de carácter homoerótico. Tamén en Pompeia apareceron gravados nas pedras nos que se lía a palabras 'cunnilingus', e detrás dos que se poñían os homes que ofrecían eses servizos ás mulleres.
  comenta   0
O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC organizará entre o 28 e o 29 de setembro na Facultade de Humanidades de Lugo o Congreso internacional 'As culturas dos coidados e os feminismos'.
Sobre un centenar de persoas protagonizaron este xoves unha concentración fronte ao Concello de Monforte de Lemos, na que participou o alcalde, José Tomé, para clamar contra as agresións sexuais a dous menores na madrugada do martes, durante as festas patronais do municipio, polas que dous novos (un deles, menor de idade) foron detidos.
  comenta   0
Nove de cada dez mulleres con esta enfermidade e o 100% das súas parellas presentan disfunción sexual, segundo un estudo no que participaron a USC e a UDC. Os expertos piden prestar atención ao sexo como parte da recuperación. Galicia é a terceira autonomía con maior taxa de cancro de mama por 100.000 habitantes.
  comenta   0
Concibir esta identidade como unha confusión, unha moda ou unha ameaza, inherente á infidelidade e á traición, son prexuízos habituais que adoitan caer sobre as persoas bisexuais. Unha bifobia ás veces sutil pero cun gran efecto sobre a saúde mental.
  comenta   0
Do 26 ao 28 de agosto terá lugar a III Escola Sexolóxica de Verán baixo o tema: "O coidado dos sexos: diálogos entre a saúde e a sexoloxía".
  comenta   0
As pandeireteiras “rebentan as vellas cadeas dos amores presidiarios” e lanzan un himno que reivindica a liberdade de amar a quen desexe cadaquén .
  comenta   0
A formación, que vén facendo dende hai anos a Área de Benestar Social no mes de maio, impártese nos cursos de 6º de Primaria do Colexio Padre Feijoo, e 2º da ESO do IES Allariz.
  comenta   1
É factíbel equiparar o principio de pracer e o principio de realidade freudianos con dous dos conceptos filosóficos que desenvolve Nietzsche en «O nacemento da traxedia» (1872): o apolíneo e o dionisíaco, que tamén se presentan asociados aínda sendo contrapostos.
  comenta   0
Galicia presentaba antano a taxa de fillos ilexítimos máis alta do Estado e contaba ademais cunha opción xurídica só coñecida no territorio galego: a de espontanearse. Mulleres acudían ante as autoridades para inculparse por teren quedado preñadas e relataban o sucedido. Diso hoxe fican os expedientes: documentos narrados en primeira persoa que permiten albiscar un pasado menos casto do que puideramos pensar. E, sobre todo, unha sexualidade non sempre dobregada á vontade de home.
  comenta   0
A Rede Galega contra a Trata Sexual denuncia que máis da metalle das mulleres que exercen a prostitución están explotadas.
  comenta   0
O bispo de Solsona Xavier Novell apresentou a renúncia ao seu cargo como bispo de Solsona ao papa Francisco, que a aceitou. Agora aclara-se que obedece a que mantinha relações com uma mulher divorciada e com dous filhos. Neste caso temos que focar por uma parte uns determinados factos pessoais e por outra a reação da máxima hierarquia eclesiástica perante eles.
  comenta   0
A partir do vindeiro luns, 8 de febreiro, comezará o Ciclo de Educación Sexual que realiza o concello en colaboración cos centros educativos de Allariz.
  comenta   0
Un proxecto pioneiro desenvolvido pola Universidade de Vigo analiza o acoso sexual a través de comentarios realizados sobre o corpo no marco de relacións interpersoais.
Esta mestra de música e baile decidiu botar a andar un proxecto colectivo de revisión do noso cancioneiro popular dende unha perspectiva de xénero.
  comenta   1
A escritora recolle o premio Eduardo Branco Amor na XXXIX edición pola súa obra 'As malas mulleres' O escritor Xosé Antonio Neira Cruz gaña o XIV Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña
  comenta   0
O seminario “Zoe: literatura, ecofeminismo e configuracións animais” presentou unha análise ecofeminista da cultura contemporánea nas literaturas anglófonas e na literatura galega, na que se trata de integrar á muller no ámbito da ecoloxía.
  comenta   0
Sexualidade, maternidade, desexos, matrimonio... Son algúns dos temas que fían a nova obra de teatro de Verdeveras expresións artísticas, que axiña poderá verse no Salón Teatro de Compostela.
  comenta   0
O bispo de Alcalá de Henares quer quadrar o círculo no tema da sexualidade e pede-lhe às moças que «se vistam à moda, mas não provocativas» para «salvar-se do inferno». Com este conselho manifesta uma vez mais a misossexualidade, o desprezo do sexo, dos clérigos cristãos, sempre onipresente ao longo da história. Ele quer que as moças vistam à moda, mas a moda é criada polas moças ou polas grandes modistas e modistos com os seus desenhos de temporada? Acaso João Antonio Reig Pla viu as moças desenhando e cosendo os seus modelitos ou reduzem-se a comprar os modelitos que lhe vêm impostos por outros?
  comenta   0
David González (Vigo, 1995) e autor do blogue cultural Palabra de Gastby. Durante estas semanas dará os seus consellos sobre títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. As recomendacións da semana son María Solar, As horas roubadas; Francisco Castro, Amor é unha palabra coma outra calquera; Fran P. Lorenzo, Cabalos e Lobos; Vanesa Santiago, A vida sinxela de Marcelo Firmamento; Vanesa Santiago, A vida sinxela de Marcelo Firmamento; Antonio M. Fraga, A virxe das areas e Diego Ameixeiras, A crueldade de abril (Xerais, 2019).
  comenta   0
O novo Cides foi presentado este mércores pola concelleira de Igualdade do Concello de Pontevedra, Paloma Castro, acompañada pola activista trans, licenciada en Dereito e especialista en violencia de xénero, Ada Otero, que será a encargada de coordinalo.
  comenta   0
Nuns tempos onde se volven cuestionar e avivar os debates que xa parecían superados, Galicia Confidencial fala cunha mestra e axente de igualdade, Daisy Alcalde; cunha psicóloga e sexóloga, Mónica Novás; e cunha psicóloga e psicopedagoga de Aseia Galicia, Vanessa Rodríguez, para debullar os pasos dados e as eivas nas que cómpre seguir traballando.
  comenta   1
O epicentro de toda a programación verase reflectida nas rúas o día 8 de marzo, cando a sociedade civil e os colectivos e asociacións saian á rúa na manifestación do Día da Muller Traballadora.
  comenta   0
O excesivo consumo de pornografía entre xente moza desde idades moi temperás está cambiando patróns de conducta entre os máis novos. Doutra parte, os e as especialistas en adiccións alertan dos riscos de iniciarse na sexualidade a través do "filtro" do porno. Instaurar a educación afectivo-sexual nas escolas e institutos, podería axudar a frear esta tendencia e mellorar a calidade das relacións.
  comenta   5
Nas III Xornadas sobre Violencia de Xénero organizadas polo Consello da Cultura Galega fíxose un repaso polos éxitos musicais e televisivos, polo tratamento da violencia sexual nos medios de comunicación e polo mercado da prostitución para comprender a dimensión da 'cultura da violación'. Eis algunhas das claves tratadas.
  comenta   1