Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2023 | Actualizada ás 16:34
A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) oferta once novos cursos para este verán. O acto de presentación, celebrado no Concello de Pontevedra, contou coa participación do alcalde en funcións, Miguel Anxo Fernández Lores, o deputado provincial, Carlos López Font, e o director do Centro Asociado da Uned en Pontevedra, Víctor González Sánchez.
Entre os días 10 e 12 de xullo o Centro da Uned en Pontevedra acollerá os cursos: 'Estratexias de Economía Circular', tamén 'Intercambios artísticos entre Al-Andalus e os reinos cristiáns na Idade Media', e "Retos para a seguridade de España: unha perspectiva público-privada", unha actividade froito da colaboración entre UNED Pontevedra, o Instituto Universitario Xeneral Gutiérrez Mellado e a Escola Naval Militar de Marín.
O Centro Penal da Lama acollerá o curso: 'A Igualdade como Valor, Principio e Dereito Fundamental", do 26 a 28 de xuño. A aula da UNED en Lalín: 'Experiencias innovadoras en Educación Infantil no marco da LOMLOE', do 17 a 19 de xullo. A do Porriño, 'Efectos do cambio climático en España e a problemática da súa comunicación', do 5 a 7 de xullo.
En Portas desenvolverase o curso: 'Fin de ciclo? Eleccións e enquisas', do 12 a 14 de xullo; en Tui: 'Dis/capacidade: sexualidade, violencia e outros desafíos contemporáneos', do 19 a 21 de xullo e en Vigo: 'Mulleres: Arte e Cultura na Idade Media e a Idade Moderna', do 3 a 5 de xullo, e 'Redes sociais, tecnoloxías e metodoloxías emerxentes no ensino e aprendizaxe de linguas', do 3 a 5 de xullo. O curso en liña: 'Legal English for the European Union: What lies ahead?', do 3 a 5 de xullo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.