"Dereito a existir: falan elas", segunda cita do "Pensar con Orgullo"

O documental dá voz a tres xeracións de mulleres transexuais galegas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O Consello da Cultura Galega acolle este martes a segunda cita de 'Pensar con orgullo', unha sesión coordinada por Carme Adán que busca realizar unha reflexión sobre cuestións e conceptos asentados en materias como a diferenza sexual, as identidades e os corpos.

A xornada contará, ademais, coa presentación do curto documental 'Dereito a existir: falan elas', dirixida por Cristina da Torre e a propia Carme Adán na que se dá voz a tres xeracións de mulleres transexuais galegas da man de Laura Bugallo, Daniela Ferrández e Aura Leirós.

Tras a proxección, celebrarase a mesa redonda sobre 'disidencias e novas perspectivas LGBTIQ+ de Galicia', na que participarán Ana Amigo da Rede Galega de Estudos Queer, Pomba García da Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia e Cristina Palacios, presidenta da Asociación de familias de menores trans, Arelas.

Cartel de 'Dereito a existir: falan elas'. CCG
Cartel de 'Dereito a existir: falan elas'. CCG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta