A Policía galega protexeu a 649 mulleres vítimas da violencia de xénero en 2024

Unidade de Policía Nacional Adscrita (UPA) sumiu competencias na materia en setembro de 2016.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2025 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

A Unidade de Policía Nacional Adscrita (UPA) de Galicia prestou vixilancia e protección a 649 mulleres vítimas da violencia de xénero durante 2024, un 10% máis que no ano anterior, segundo o informe anual elaborado polo corpo policial. Neste cómputo, ademais das 355 mulleres que se mantiñan activas no sistema de protección a 31 de decembro, inclúense as 227 que quedaron inactivas polo cesamento das circunstancias que motivaron o risco e as 67 traspasadas a outros corpos de seguridade por cambio de domicilio da vítima.

Segundo informou a Xunta, do total de mulleres atendidas durante o ano, 219 correspóndense coa xefatura de Vigo, 201 coa da Coruña, 85 coa de Santiago, 64 coa de Lugo, 45 coa de Ourense e 35 coa de Pontevedra. A UPA asumiu competencias na materia en setembro de 2016, tras asinar un protocolo de coordinación coa Xefatura Superior de Policía de Galicia.

MÁIS DE 32.000 ACCIÓNS DE VIXILANCIA

O traballo dos efectivos da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia do sistema Viogén permitiu a detención de catro persoas ao longo de 2024. Neste período tamén realizaron outras actuacións como máis de 32.000 accións de vixilancia na contorna da vítima ou do agresor, ou preto de 7.000 contactos coas vítimas ou agresores.

Ademais, fixeron 1.400 acompañamentos á vítima en accións como acudir aos xulgados, á comisaría ou á recollida de pertenzas, e elaboráronse máis de 2.700 informes e valoracións de risco.

Coche da Policía Local / XUNTA DE GALICIA - Arquivo / Europa Press
Coche da Policía Local / XUNTA DE GALICIA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta