Falece unha muller e trasladan a 12 persoas tras un choque entre dous coches e un autobús en Ribadumia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2025 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

Unha muller, de 89 anos, perdeu a vida e 12 tiveron que se trasladadas tras unha colisión entre dous coches e un autobús no municipio pontevedrés de Ribadumia.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 15.30 horas deste domingo no quilómetro dous da estrada VG-4.2 e foron varios particulares os que deron a voz de alarma.

Ata o punto desprazáronse os servizos de emerxencias que confirmaron que o copiloto dun dos vehículos involucrados na colisión perdera a vida. A persoa falecida e o condutor tiveron que ser excarcerados.

Ademais, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero con base en Santiago, indicaron que tiveron que trasladar a 12 persoas, tres delas viaxaban no segundo vehículo implicado e resultaron feridas de carácter leve e varias persoas que viaxaban no autobús por ataques de ansiedade.

No operativo tamén participaron os Bombeiros de Ribadumia e a Garda Civil de Tráfico.

Helicóptero do 061no heliporto do Hospital Provincial de Conxo, a 7 de marzo de 2025, en Santiago de Compostela / Agostime - Arquivo / Europa Press
Helicóptero do 061no heliporto do Hospital Provincial de Conxo, a 7 de marzo de 2025, en Santiago de Compostela / Agostime - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta