Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2025 | Actualizada ás 14:11
Dezasete médicos foron agredidos en Galicia en 2024, deles catro na provincia da Coruña, segundo un informe da entidade colexial que lles agrupa na mesma e que publica con motivo do Día Europeo contra as Agresións a Médicos e Profesionais Sanitarios.
Das agresións, case dous terzos dirixíronse contra mulleres. Os ámbitos máis comúns nos que se producen as agresións na nosa comunidade son Atención Primaria, 35%; hospitais, 29%; urxencias hospitalarias e de atención primaria, 12% cada unha, e outros, como mutuas, xeriátricos e centros sociosanitarios ou de saúde mental, 12 por cento.
Ademais, indica que o 88% tiveron lugar na Sanidade pública. A maioría das agresións en Galicia son verbais. Os insultos e vexacións supoñen o 38% do total, e as ameazas e coaccións, o 34%. As lesións alcanzaron o 22% e case nove de cada dez delas afectaron a médicas, mentres que os casos de acoso rexistrados supuxeron o 6% do total.
Con respecto ás causas que desencadean a agresión, máis da metade, 57%, correspóndense con discrepancias coa asistencia médica; o 27%, con discrepancias persoais, e o 14%, con informes que non son acordes ás esixencias do agresor. Tres cuartos do total están relacionadas co tempo en ser atendido, e o 25% restante, co mal funcionamento do centro.
O doutor Javier Prieto, secretario xeral do Colexio oficial de Médicos da provincia da Coruña e facultativo no centro de saúde de Acea de Ama (Culleredo), destaca a importancia de concienciar á cidadanía. "A base do problema é educacional, e por tanto, son necesarias máis campañas informativas", afirma.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.