Fabiola García, "decepcionada" con Pontón: "Dóeme como muller que non se atreva a condenar o machismo cando é nacionalista"

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, preguntoulle a Pontón se "só sofren machismo as mulleres cando son nacionalistas ou de esquerdas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2025 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, tachou de "decepcionante e moi triste" que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, non se desmarcase do cartel que a CIG difundiu polas dependencias da Xunta en San Caetano no cal aparece ela caricaturizada como un debuxo dunha muller cun bolso de marca e que afirma que lle "matan" as rebaixas. "Dóeme moito como muller que Ana Pontón non se atreva a condenar o machismo e, sobre todo, que non se atreva a condenar ao machismo cando é nacionalista", sinalou García, ao ser preguntada sobre esta polémica na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Goberno galego.

A conselleira asegurou que é "posible" que a líder do Bloque ou algunha das súas compañeiras de partido "vivisen nalgún momento episodios machistas" dentro do seu partido. Por iso, preguntoulle a Pontón se "só sofren machismo as mulleres cando son nacionalistas ou de esquerdas". Neste contexto, a conselleira de Política Social e Igualdade reivindicou os "moitos meses" que leva traballando o seu departamento nos actos do 8 de marzo, Día da Muller. Unhas conmemoracións que "son inútiles se as mulleres non estamos unidas ante o machismo", remachou.

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta