Rueda: "Se a condonación da débeda fai que Galicia teña 4.000 millón entón diría que sí"

O presidente galego cre que a quita serve para que o Goberno se esqueza "de falar da reforma do sistema de financiamento".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2025 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, volveu a cuestionar este luns que a condonación da débeda permita que a Administración galega teña "dispoñibles" 4.000 millóns de euros, segundo" os líderes do BNG e o PSdeG, Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro.

"Se é así, diría que por suposto que si", engadiu o mandatario galego, que deslizou de que esta oferta só serve para que o Goberno central se esqueza "de falar do financiamento autonómico" e cumpra a "primeira parte" do pacto con partidos independentistas para aprobar un concerto para Cataluña.

Así respondeu Rieda ao ser preguntado, ao finalizar a reunión semanal do Consello da Xunta, sobre cal sería a súa resposta se a ministra de Hacienda, María Jesús Montero, o chama para negociar a quita dun terzo da débeda pública galega, que ascendería a uns 4.000 millóns de euros.

Así, no caso de que se producise esa chamada, preguntaríalle --ironizou Roda-- se isto "serve a ela e ao seu goberno para esquecerse" de falar da reforma do conxunto do sistema de financiamento das comunidades autónomas, que é "o que realmente importa" e o que "borraron do último Consello de Política Fiscal e Financeira". "Aproveitaría para dicirlle tamén se os 4.000 millóns euros que, segundo a señora Pontón e o señor Besteiro, tiñamos dispoñibles para gastar en moitos propósitos que eles mesmos mencionaban é así. Se é así, diría que por suposto que si", engadiu.

Así mesmo, Rueda preguntaríalle á ministra se isto "non é a primeira parte" dos acordos con ERC e Junts para acabar aprobando un concerto para Cataluña.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda.. DAVID CABEZON @ XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda.. DAVID CABEZON @ XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta