O conselleiro de Cuttura: "Ledicia Costas é un exemplo e referente da literatura galega"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2024 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, enxalzou á escritra Ledicia Costas como "exemplo e referente" da literatura galega. A Cidade da Cultura acolleu este xoves a  homenaxe á escritora viguesa con motivo do Día das Escritoras, segundo recolle un comunicado da Xunta.

Alí, o representante do Goberno galego resaltou de Costas que é unha das escritoras máis lidas e premiadas do panorama literario galego e unha das máis traducidas. Así, incidiu en que é unha das referentes femininas das letras galegas actuais, que acumula cinco Premios Nacionais no último lustro --Chus Pato, Yolanda Castaño, Olga Novo, Pilar Pallarés e Marilar Aleixandre--.

Nesta liña, Campos remarcou que estas autoras "levan o nome de Galicia máis aló" das súas fronteiras e permiten achegar a lingua galega aos máis novos.

A escritora Ledicia Costas. CONCDECOMUNICACION
A escritora Ledicia Costas. CONCDECOMUNICACION

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta