Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2024 | Actualizada ás 19:48
O xurado do XVIII Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, da Deputación da Coruña, concedeu os galardóns a Érica Esmorís, na modalidade infantil, pola obra "Terás que crela", e Rosa Aneiros, na modalidade xuvenil, por "Unha historia de amor como outra calquera".
Segundo informa o organismo provincial, é a primeira edición na que o certame convoca e outorga os galardóns nesas dúas categorías independentes.
De 'Terás que crela', o xurado destacou "a potencia da voz protagonista, o sentido do humor e a proposta lúdica da historia". Mentres, para o xurado, 'Unha historia de amor como outra calquera' é unha novela "de aprendizaxe, con sentido do humor".
"Que establece un contraste interesante entre o mundo cotián da adolescente protagonista e o mundo científico da Antártida", expón.
Noutra orde de cousas, a Deputación da Coruña informa da apertura este luns do prazo de presentación de candidaturas para o III edición do Premio 'Xoán Vicente Viqueira' de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación. O prazo permanecerá aberto ata o 30 de decembro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.