Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/11/2024 | Actualizada ás 14:39
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este sábado o nacemento do 'Hemato Festi' como unha maneira de honrar e homenaxear "á cultura galega, que o merece dabondo" e á figura de Miguel Anxo López, máis coñecido como O Hematocrítico, no primeiro aniversario da súa morte.
Así o sinalou durante a presentación da xornada 'Queremos literatura infantil', enmarcada no cinco días que dura o festival con distintas actividades na cidade de Vigo. "Dedicar este cinco días á literatura infantil en galego e tamén en castelán, ao traballo de tantos profesionais, a todos os que o coñeceron e vano a seguir coñecendo por todo o legado que deixou, espero que sexa o principio de algo que se ten que consolidar", manifestou.
Neste sentido, tal e como trasladou a Xunta nunha nota de prensa, Rueda agradeceu aos organizadores, Ledicia Costas e Alberto Vázquez, por facer realidade este proxecto, "reflectindo o espírito alegre e creativo do homenaxeado, quen soubo ver na literatura infantil unha ferramenta poderosa para transformar a sociedade e transmitir valores como a igualdade, a amizade e a xustiza".
Ademais, subliñou a empatía que profesaba O Hematocrítico á hora de "facer comentarios de moitas cousas do día a día con ese toque que lle daban tantos anos de mestre, ese neno grande que seguro que levaba dentro", ao mesmo tempo que apostou porque "esa mestura de humor e sorpresa que sempre dedicaba a todo o que facía e que reivindicamos estes días" non deixar que nunca se esqueza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.