Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé recollen os premios Xerais

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 26/10/2024 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé recolleron este sábado en Vigo os premios Xerais polas súas obras 'Detective Ferrichi', 'I'm Obélix' e 'Milú e o edificio das persoas extraordinarias', respectivamente, e cada un dos galardóns ten unha dotación de 10.000 euros.

A xornalista Susana Pedreira foi a encargada de presentar o acto que, inaugurou o director de Xerais, Fran Alonso, que agradeceu o traballo dos xurados e dos gañadores desta edición que son, nesta xornada, "o corazón de Xerais".

Abel Tomé recolleu o XXXIX Premio Merlín de Literatura Infantil agradecendo ao Xurado "por descubrir certos matices da obra" que o propio autor "non viu". Así, definiu a súa novela como unha historia de persoas que teñen que abandonar o seu país para construír un fogar nun lugar diferente.

Pola súa banda, Raquel Fernández foi a gañadora do XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil por 'I'm Obélix', unha novela coral que retrata o acoso a un mozo nun instituto.

Sobre ese protagonista de 13 anos con TDAH chamado Isma, a autora expresou a súa intención de que "todo o mundo saiba que non é vago, nin maleducado, nin parvo. Simplemente funciona doutra forma.

Premios Xerais
Premios Xerais | Fonte: Edicións Xerais de Galicia

A obra  'Detective Ferruchi', de Marta Villar, alcanzou o XLI Premio Xerais de Novela. Unha novela en ton de parodia que segue as pescudas tras un asasinato.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta