Temas: CIENCIA UVIGO UDC USC

Sete investigadoras galegas galardoadas no I Premios RAGC-UIE para investigadores

Así mesmo, este novo certame gratifica o labor dos investigadores científicos co fin de dar valor á investigación e á ciencia desde Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2024 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

A primeira edición dos premios da Real Academia Galega de Ciencias e a Universidade Intercontinental da Empresa (RAGC-UIE), para investigadores e investigadoras novas, distinguirán a sete científicicas galegas que exercen nas universidades públicas. Os galardóns hanse divididio en tres ramas de coñecemento: Ciencias Básicas, Técnicas e Sociais.

Nas Ciencias Básicas, será Beatriz Pelaz (Universidade de Santiago) quen recibirá o primeiro premio polo desenvolvemento de nanomateriales para lograr fármacos máis eficientes. No campo das Ciencias Técnicas, Belén Riveiro (Universidade de Vigo), que traballa para previr colapsos en pontes, estradas e vías férreas, foi a galardonanda. Por último, Cristina Gómez (USC) obterá o premio en Ciencias Sociais por un estudo sobre o comportamento das persoas en contextos de crises sociais e políticas.

As outras catro investigadoras, Susana Ladra (Universidade da Coruña) e Iria Gómez (USC), de Ciencias Básicas; Sara González (USC), de Ciencias Técnicas; e Ariadna Monge (UDC), de Ciencias Sociais, foron honradas cun accésit.

Así mesmo, este novo certame gratifica o labor dos investigadores científicos co fin de dar valor á investigación e á ciencia desde Galicia. É por iso que ser gañador dun dos premios principais tradúcese economicamente en 5.000 euros por persoa.

Por outra banda, as condicións de estea galardón non permiten que os participantes teñan máis de 40 anos, con excepción das mujures que tivesen fillos ou das persoas con algunha discapacidade, que poderán ter ata 42 anos.

Finalmente, as condecoracións desta primeira edición, na que se puideron presentar ata 63 participantes, entregaranse nun acto que se celebrará no mes de decembro.

Beatriz Pelaz, gañadora do Premio RAGC-UIE para investigadores e investigadoras novas. REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS
Beatriz Pelaz, gañadora do Premio RAGC-UIE para investigadores e investigadoras novas. REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS | Fonte: Europa Press

Temas: CIENCIA UVIGO UDC USC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta