A RAG dedica a segunda xornada de 'Voces da narrativa' a Nélida Piñón

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2024 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) dedicará á académica de honra Nélida Piñón (Río de Janeiro, 1937 - Lisboa, 2022) a segunda edición de 'Voces da narrativa'. O encontro, aberto a todo o público, profundará na vida e na obra "dunha figura esencial das letras contemporáneas de Brasil", que fixo das súas raíces galegas parte da súa produción literaria.

A xornada de homenaxe, organizada pola sección de literatura da institución, terá lugar na sede da Fundación Barrié o vindeiro martes, día 29, a partir das 17.00 horas. A mesma, con participación de catro relatores, poderá seguirse tamén en directo desde academia.gal e a canle do Youtube da RAG.

A escritora Nélida Piñón / Real Academia Galega. / Europa Press
A escritora Nélida Piñón / Real Academia Galega. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta