Unha lectura continuada de 'Memorias dun neno labrego' conmemora o 96 aniversario do nacemento de Neira Vilas

Fíxose unha lectura continuada de 'Memorias dun neno labrego', "unha das obras máis universais da literatura galega e, de feito, a máis traducida e editada".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2024 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Lingua, Valentín García, participou nas homenaxes ao autor Xosé Neira Vilas coincidindo coa celebración do 96 aniversario do seu nacemento. Nos actos, que se levaron a cabo na sede da Fundación que leva o seu nome, fíxose unha lectura continuada de 'Memorias dun neno labrego', "unha das obras máis universais da literatura galega e, de feito, a máis traducida e editada".

Segundo trasladou a Xunta, o representante de Cultura felicitou á Fundación Neira Vilas polo labor que desenvolve e que "segue mantendo vivo o recordo e o espírito dun dos máis grandes escritores das letras galegas". Neste sentido, Valentín García destacou a figura do crucense, que "grazas a actividades como as de hoxe, pomos de manifesto o valor que deu e continúa dando á literatura da nosa terra e ao uso da nosa lingua". No marco deste acto, o secretario xeral sinalou que, coincidindo con esta data, a Consellería de Cultura festexa tamén o Día da lectura.

Novela gráfica de 'Memorias dun neno labrego', adaptación de Iria Aldegunde do clásico Xosé Neira Vilas. EDITORIAL GALAXIA
Novela gráfica de 'Memorias dun neno labrego', adaptación de Iria Aldegunde do clásico Xosé Neira Vilas. EDITORIAL GALAXIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta