Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2024 | Actualizada ás 13:13
Érica Esmorís e Rosa Aneiros son as gañadoras do XVIII Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, que organiza a Deputación da Coruña. Tal e como sinalan nun comunicado, esta é a primeira edición na que se outorgan os galardóns nas dúas categorías de forma independente.
Esmorís levouse o premio na modalidade infantil pola obra 'Terás que crela', mentres que Aneiros fíxoo na xuvenil con 'Unha historia de amor como outra calquera'. A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado que integraron os vogais Rafael Fernández Lorenzo, Iria Misa, Leticia Barbadillo, Raquel Senra e Carlos Negro.
O Premio Raíña Lupa ten como obxectivo "fomentar a creatividade literaria dirixida ao mundo dos máis pequenos e facer memoria deste personaxe de lenda vinculado ás terras de Compostela".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.