A Deputación da Coruña presenta os premios da área de Cultura para este 2025

En total, os premios suman unha dotación de 102.500 euros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2025 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña presentou os premios que convoca a área de Cultura este ano, unha decena, co prazo de presentación de as distintas propostas aberto.

A biblioteca provincial acolleu o acto de presentación no que participaron a deputada de Cultura, Natividade González, e os comisarios dos premios literarios, de fotografía, música e de arte gráfica: Susana Pedreira, Xurxo Lobato, Rocío Castro e Pedro Galilea.

Os certames convocados son o Castelao de banda deseñada; Manuel Murguía de ensaio; Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil; o Torrente de narrativa en galego e castelán e o Jesús Núñez de arte gráfica.

Tamén o Luís Ksado de fotografía; o Isaac Díaz Pardo de arte; o Fran Pérez 'Narf' para grupos e artistas musicais e o Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero.

En total, os premios suman unha dotación de 102.500 euros. O prazo para presentarse a todos eles termina o 10 de abril, a excepción do Ksado que se prolonga ata o 31 de maio.

No acto, a deputada, Natividade González, destacou o "compromiso" da Deputación "co patrimonio cultural do país", promovendo certames en diferentes disciplinas para "pór en valor o traballo de artistas, autores e creadores".

Presentación dos premios culturais da Deputación da Coruña. MARIA POL/@MARIAPOL.RAW / Europa Press
Presentación dos premios culturais da Deputación da Coruña. MARIA POL/@MARIAPOL.RAW / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta