Unha "gripe anormal" mantén ao 95% a ocupación nos hospitais da área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2025 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

O xerente da área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Flores, recoñeceu este mércores que os hospitais que xestiona roldan "o 95% ou 96%" de ocupación das súas camas a piques de chegar o mes de abril, o cal achacou a un comportamento "anormal" da gripe na actual tempada.

En declaracións aos medios, Flores explicou que "desde hai varios meses" o nivel de ocupación no tres centros a área --o Provincial, o Montecelo e o de Vilagarcía-- sitúase de maneira sostida "por encima do 80%", pero que nos últimos días estaba a achegarse ao 100%.

Con todo, o xerente descartou que haxa "risco de colapso" porque os hospitais teñen "aínda máis capacidade" para ampliar as camas en espazos que "non se utilizan para ingresar pacientes". Por exemplo, abriuse o espazo 'M3' do Hospital Provincial. De igual modo, José Flores garantiu que se mantén unha "actividade cirúrxica plena", sen que se relicen "derivacións como tal" a hospitais de fóra da área --non contan as que se fan dentro nin tampouco ao Quirónsalud--.

O xerente da área pontevedresa, que anteriormente xa estivo á fronte de todo o Servizo Galego de Saúde (Sergas), explica que esta situación de alta ocupación por infeccións respiratorias, principalmente por gripe, é algo "común a toda Galicia".

Imaxe da cama dun hospital
Imaxe da cama dun hospital | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta