Un xeado 'exclusivo' para a Festa do Queixo de Arzúa

Trátase dun Xeado de Queixo de Arzúa-Ulloa DOP con marmelo que nace da colaboración entre o Concello de Arzúa e a empresa Bico de Xeado.

Por Galicia Confidencial | Arzúa | 11/03/2025 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Concello de Arzúa apoiou a idea presentada por Bico de Xeado para dar forma a unha creación única que pon en valor o produto estrela da comarca. O resultado deste esforzo é o Xeado de Queixo de Arzúa-Ulloa DOP con marmelo, unha delicia que combina tradición e innovación e que se presentou estes días oficialmente xunto á hostalería local. Será a primeira vez que esta marca faga unha adaptación deste tipo a xeito de colaboración especial.

Presentación do Xeado de Queixo de Arzúa-Ulloa DOP con marmelo. Foto: Concello de Arzúa.
Presentación do Xeado de Queixo de Arzúa-Ulloa DOP con marmelo. Foto: Concello de Arzúa.

Este novo sabor poderá ser degustado en exclusiva nunha cata aberta ao público que terá lugar este 11 marzo ás 18:00 h. na Casa de Correos. Ademais, os establecementos hostaleiros de Arzúa terán a posibilidade de ofrecer este xeado nos seus locais, sumándose así á celebración da Festa do Queixo cun produto exclusivo.

Ademais, durante os días da Festa do Queixo, o público poderá degustar este xeado na foodtruck “Biconeta” situada no recinto festivo.

A Festa do Queixo, un dos eventos máis importantes do calendario gastronómico galego, volve apostar pola calidade e a innovación mantendo sempre a esencia da tradición. Con esta nova proposta, os asistentes poderán descubrir unha maneira diferente de gozar do queixo da D.O.P. Arzúa-Ulloa, fusionado coa cremosidade e frescura dun xeado artesanal.

Imaxe do xeado exclusivo para a '50ª Festa do Queixo de Arzúa'. Foto: Concello de Arzúa.
Imaxe do xeado exclusivo para a '50ª Festa do Queixo de Arzúa'. Foto: Concello de Arzúa.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta